Exposicións temporais anteriores
O Museo do Castro de Viladonga elabora periodicamente exposicións temporais sobre temas relacionados co ámbito do museo e do castro ou sobre cuestións relativas ao Patrimonio Cultural, especialmente de Lugo e da Terra Chá.
En xeral, estas exposicións concíbense como itinerantes, é dicir, non son excesivamente grandes nin custosas de trasladar e instalar e polo tanto ofrécense a outros museos, institucións, centros de ensino, asociacións ou entidades culturais, que só teñen que encargarse do transporte e da póliza do seguro, se a exposición leva consigo o traslado de pezas ou bens culturais.
A moeda romana como documento. A colección numismática do Museo do Castro de Viladonga
A conservación e restauración do Castro de Viladonga
Arqueoloxía, lexislación e sociedade. O achado de dous torques en Vilar do Monte (Sarria)
Castros lucenses: investigación e posta en valor
O proceso de restauración dunha ola castrexa
Do xacemento ó Museo. O proceso de recuperación patrimonial no Castro de Viladonga





