Asociación de Amigos do Castro de Viladonga

1989. Socios fundadores da Asociación de Amigos do Museo

A Asociación de Amigos do Castro de Viladonga creouse en febreiro de 1989, cando o Museo levaba aberto ao público algo máis de dous anos, promovida por un grupo de persoas vinculadas á cultura e ao traballo no patrimonio cultural lucense e galego. Constituíuse naquela data con 25 socios fundadores.

A Asociación desenvolve un traballo moi positivo para o Museo e o castro, tanto na súa promoción e difusión como no apoio en todo tipo de actividades, entre as que se pode destacar a colaboración nas celebracións asociadas ao Día Internacional e á Noite dos Museos ou á realización de réplicas de pezas do castro e outros produtos culturais que serven de promoción deste conxunto patrimonial. Fitos clave na historia da Asociación foron, en 1991, o inicio da edición do Boletín CROA e a saída, en 1997, dun completo sitio web renovado en 2008.

Preto de douscentos socios sosteñen hoxe a Asociación e avalan o seu traballo de colaboración permanente co Museo e, por extensión, no coidado e divulgación do patrimonio cultural.

 

Situación

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional