Sala 3. Cultura material II



Nesta sala móstranse obxectos de vestimenta, adorno e adobío para persoas e cabalerías, xoias e aderezos, moedas (de ouro, prata e, sobre todo, de bronce), xogos, amuletos e outros materiais de diferente feitura e usos. Nesta última sala, unha maqueta-vídeo recrea diversas escenas da vida cotiá no castro de Viladonga.
