Visita

Como chegar

O Museo do Castro de Viladonga (Castro de Rei) está situado a 23 km de Lugo pola estrada de Asturias (N-640 de Vegadeo a Pontevedra), á altura do km 70. 

N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"

 

Horario

Museo: 

Aberto todos os días do ano (agás 24, 25 e 31 de decembro e 1 e 6 de xaneiro) 

De marzo a outubro: de 10 a 20 h. 

De novembro a febreiro: de 10 a 19 h.

Castro: 

Acceso libre todos os días do ano.


Tarifas

Museo: 

Entrada gratuíta

Castro: 

Entrada gratuíta

Grupos

Realízase orientación e traballo didáctico con visitas escolares ou con grupos específicos.

As visitas en grupo convén solicitalas con antelación, tendo en conta a conveniencia de facer subgrupos (preferentemente non superiores a 35/40 persoas) para facilitar o aproveitamento didáctico da visita.

Para reserva de grupos prema esta ligazón


Enderezo

Museo do Castro de Viladonga

27259 Castro de Rei (Lugo)

Tlf. +34 982 870 160

Fax +34 982 870 164

museo.viladonga@xunta.gal

 

Accesibilidade

As instalacións do museo están adaptadas para a circulación de persoas con mobilidade reducida. 

A accesibilidade ao castro é limitada para persoas con problemas de mobilidade dada a morfoloxía  do xacemento.

O museo dispón, en cada sala, de traduccións da información ó español, francés, inglés e alemán.


Normas

No museo está permitido fotografar e filmar sen trípode e sen flash, para uso particular e cubrindo un formulario de solicitude. 

Non está permitido fumar no interior do museo, nin entrar con alimentos, bebidas e paraugas. 

No museo non está permitida a entrada de cans, salvo cans-guía.

No recinto do museo e do castro non están permitidos os cans soltos. 

No castro, para o seu mantemento e conservación, prohíbese pisar os muros das estruturas. 

Situación

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional