Conservación e restauración

Traballos de consolidación e restauración. 2016

Os xacementos arqueolóxicos ao aire libre sofren os efectos da intemperie, polo que as medidas de mantemento deben ser constantes para conservalos en bo estado. Desde o momento en que se inicia unha escavación arqueolóxica comeza o deterioro das estruturas que se van exhumando.

O Castro de Viladonga, no que empezou a escavar Chamoso Lamas en 1972, ven sendo obxecto de traballos de conservación e consolidación que permitiron a súa supervivencia ata a actualidade.

Ata o ano 2008 as intervencións foron puntuais, referidas ás áreas escavadas en cada campaña ou ben reparando aqueles muros nos que as inclemencias ambientais ían producindo danos. Desde esa data acometeuse un proxecto integral de conservación e restauración de todo o xacemento.

 

Situación

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional