Servizos


O museo ten que cumprir coas funcións conservadora, investigadora e comunicadora que lle son propias e para realizar estes labores conta cunha serie de servizos, tales como biblioteca especializada, servizo de documentación e investigación e unha sala de usos variados para a difusión das súas actividades mediante exposicións temporais, conferencias e proxeccións de audiovisuais.
Biblioteca
Especializada en arqueoloxía, museoloxía e patrimonio cultural. Pódense consultar os fondos no catálogo en liña da biblioteca.
Documentación
O museo ten a súa documentación e fondos a disposición dos investigadores que o soliciten; por correo electrónico, no enderezo museo.viladonga@xunta.gal ou chamando ó teléfono 982 87 01 60.
Solicitude de reproducións
As persoas interesadas na reprodución de pezas do museo ou na gravación nos seus espazos, deben cumprimentar os correspondentes formularios.
Sala multiusos
O museo dispón dunha sala dedicada á proxección de audiovisuais, á celebración de conferencias e reunións así como para a instalación de exposicións temporais.
Tenda
O museo ten á venda as súas publicacións. Tamén dispón de reproducións de algúns obxectos atopados nas escavacións do castro, feitas coa colaboración da Asociación de Amigos do Castro de Viladonga.