Obradoiros

Castro de Viladonga

Para solicitar estas actividades deberán cubrir o formulario que figura nesta ligazón ou ben chamar aos teléfonos 982 87 01 60 ou 982 87 01 64.

Ofrécense os seguintes obradoiros:

 

 

Obradoiro de cerámica

O obxectivo desta actividade é o de mostrar o proceso de elaboración a man dos obxectos feitos con arxila. Iníciase cunha explicación das técnicas e tipoloxías que aparecen na cerámica do castro de Viladonga. Despois farase, con barro e a man, unha ola tomando como modelo unha das atopadas no castro.

Este obradoiro vai dirixido a alumnos de Educación Infantil, Ensino Primario e Ensino Secundario Obrigatorio. A duración aproximada é de unha hora.

Cada grupo non deberá superar o máximo de 25 participantes. Se fose máis numeroso poderá dividirse para alternar o obradoiro coa visita ao castro e ao museo.


Subir

 

Obradoiro de numismática

(Officina Monetalis)

O obxectivo deste obradoiro é achegar aos participantes ao proceso de cuñaxe de moedas no mundo romano. Iníciase cunha introdución sobre a orixe, fabricación e circulación da moeda. Despois, con pasta para moldear, imítase a cuñaxe dunha peza tomando como modelo unha das da colección do museo. Finalmente faise unha ficha de catalogación, na que se documentan e describen as características da moeda.

Este obradoiro vai dirixido a alumnos de 2° e 3º Ciclo de Ensino Primario (de 3° a 6°) e aos de Ensino Secundario Obrigatorio. A duración aproximada é de unha hora.

Cada grupo non deberá superar o máximo de 25 participantes. Se fose máis numeroso poderá dividirse para alternar o obradoiro coa visita ao castro e ao museo.

Subir

 

Obradoiro de arqueoloxía

O obxectivo desta actividade é achegar o traballo arqueolóxico aos escolares e facerlles comprender a importancia da arqueoloxía como ciencia fundamental para o estudo e valoración do patrimonio cultural e por tanto da nosa historia.

Este obradoiro vai dirixido a alumnos de 3° Ciclo de Ensino Primario (5° e 6°) e aos de Ensino Secundario Obrigatorio. A duración aproximada é de dúas horas.

Para o bo desenvolvemento do obradoiro é preciso distribuír aos alumnos en grupos que non deberán superar os 5 ou 6 integrantes, ata un máximo de 60 alumnos en total.

O museo proporcionará a cada grupo o seguinte material:

  • Caderno de campo que logo poderán levarse os participantes.
  • Bolsa de material que se deberá devolver ao finalizar a actividade. Conten dúas fichas (ficha 1. Estruturas e ficha 2. Obxectos), unha cinta métrica, un compás magnético, lapis, afialapis e goma de borrar.

O obradoiro iníciase no museo cunha breve introdución que se completa coa proxección do vídeo "O Castro de Viladonga". A continuación distribúese o material de traballo e iníciase a actividade no castro, onde cada grupo terá que localizar, xa sobre o terreo, a estrutura que figura na ficha 1 e responder as preguntas que se formulan no caderno de campo.

Unha vez rematada esta fase do traballo, vólvese ao museo para localizar nas salas de exposición as pezas que aparecen no caderno.

Situación

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional