Sala 2. Cultura material I



Nesta sala expóñense materiais relacionados coa vida cotiá no castro de Viladonga e, por extensión, na cultura castrexa e galaico-romana: útiles e ferramentas de pedra, bronce e ferro, materiais domésticos como o vidro e, sobre todo, a cerámica castrexa e romana (e dentro desta a común, de cociña e de mesa e a terra sigillata), armas e outros obxectos e instrumentos diversos. Nesta sala atópase tamén unha gran maqueta que reconstrúe o poboado castrexo no seu conxunto.
