Sala 1. Medio natural e hábitat



Esta sala amosa aspectos relacionados co medio natural no que se insire o xacemento, informa sobre un posible nivel prerromano do castro e explica a disposición e forma das defensas, a organización do poboado e os diversos tipos de construcións e os seus elementos.
Poden verse materiais como pedras de gonzo, pesas de colmo, tellas etc. Esta sala compleméntase cunha maqueta que reconstrúe un dos conxuntos de casas máis característicos do xacemento.
