Revista CROA
A revista Croa, promovida en 1991 pola Asociación de Amigos do Castro de Viladonga, iniciou a súa andaina como un boletín de comunicación interna entre asociados, pero converteuse deseguido nun verdadeiro órgano de difusión cultural e de expresión científica do museo, no sentido máis amplo en canto a colaboradores e temas tratados, publicando estudos de historia, arqueoloxía, etnografía e antropoloxía, patrimonio cultural e museoloxía etc., maiormente de ámbito chairego e lucense.
No o ano 2006 asume estas funcións a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, que se fai cargo da edición da revista recollendo así o relevo que lle deixaba aquela Asociación de Amigos que a fundara e sostivera durante moitos anos. Desde o ano 2019 asume a edición desta revista a Dirección Xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia.
Hoxe, esta revista intercámbiase con máis de duascentas publicacións doutras tantas entidades e asociacións científicas e culturais.