Sala 0. Información complementaria

Castro de Viladonga

A Sala de Información complementaria resume os traballos arqueolóxicos realizados no castro desde 1972 así como a historia do museo.

Tamén se atopa nesta sala unha información global sobre a cultura castrexa, a época galaico-romana e sobre o contorno natural e patrimonial do castro de Viladonga.

A información compleméntase con algúns materiais arqueolóxicos da comarca, coma unha ara votiva aos Lares Viales (de Silva, Pol) ou a estela atopada na necrópole megalítica de Santa Comba de Orizón, Castro de Rei.

 

Situación

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional