Publicacións

Unha das funcións principais dos museos é a elaboración de materiais que recollan e difundan os traballos de conservación, investigación e documentación que realizan habitualmente, por medio de publicacións de moi diverso tipo, obxectivo e alcance.

O Museo do Castro de Viladonga edita a Revista Croa, onde se recollen traballos de produción propia e allea e permite que o museo manteña un amplo abano de intercambios con outras publicacións.

Ademais, o museo vén editando, desde 1987, unha serie de publicacións eventuais que comprenden guías do museo, trípticos e folletos de man de exposicións, catálogos de seccións temáticas e materiais moi diversos de difusión e divulgación para chegar a toda a sociedade.

Revista Croa

Outras publicacións

 

Situación

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional