Conservación e restauración






























Unha das funcións dos museos é a conservación dos bens culturais que custodia. Desenvólvese en dous aspectos:
A conservación preventiva, que ten como obxectivo evitar o deterioro ou perda das coleccións, adoptando as medidas necesarias nas salas de exposición e almacéns, mediante o control sistemático dos niveis de humidade relativa, temperatura e iluminación e supervisando o estado de conservación e limpeza superficial dos fondos.
A restauración, que ten como obxectivo frear os procesos de deterioro e degradación e/ou consolidar a estrutura dos obxectos cando perigue a súa integridade. O tratamento aplicado debe ter como obxectivo facilitar a comprensión e uso do ben, baseándose no respecto do material e do orixinal.