Historia do Museo




A importancia arqueolóxica e o interese histórico do castro de Viladonga, así como a cantidade e calidade dos materiais aparecidos nas escavacións feitas desde 1972 e a necesidade de investigalos e expoñelos no seu propio contexto, fixeron que en 1983 o Ministerio de Cultura crease o Museo do Castro de Viladonga, nun edificio que fora construído nos anos setenta.
O museo abriu ó público o 29 de novembro do ano 1986. A partir de 1990 a súa xestión foi transferida á Xunta de Galicia. Entre 1992 e 1994 fixéronse importantes obras de reforma e ampliación coa construción dun novo edificio a continuación do xa existente, coa subseguinte dotación, nos anos posteriores, da infraestrutura e do persoal necesario para o desenvolvemento de todas as súas funcións museísticas e patrimoniais, ligadas ó propio xacemento castrexo e galaico-romano.
A Xunta de Galicia otorgoulle o Premio Cultura Galega 2013 de Patrimonio Cultural como recoñecemento ao seu labor constante de conservación e difusión do patrimonio arqueolóxico, así como pola súa actividade didáctica e dinamizadora deste xacemento.