Castros lucenses: investigación e posta en valor

Cartel da exposición Castros lucenses: investigación e posta en valor.

Cando?

Dispoñible para itinerancia a partir do 1 de xuño de 2017

Consta de 14 paneis de 85 cm de anchura e 210 cm de altura, enrolados e facilmente transportables, que presentan unha escolma, non exhaustiva pero si representativa, de castros da provincia de Lugo nos que que se levaron a cabo, aproximadamente nos últimos dez anos, actuacións de limpeza, adecuación de accesos e sinalización, levantamento topográfico, prospeccións ou escavacións, consolidacións e, en fin, labores de investigación científica e de posta en valor patrimonial.

Os xacementos preséntanse nesta mostra cunha breve información escrita e unha boa mostra gráfica e corresponden a distintos tipos de castros, tanto en canto á variedade de localización (desde a costa á montaña pasando polas chairas e vales do interior) como, así mesmo, ao amplo abano de cronoloxías (desde sitios de cronoloxía prerromana ata asentamentos de plena época galaico-romana –a maior parte deles-).

Situación

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional