O proceso de restauración dunha ola castrexa

Cartel da exposición O proceso de restauración dunha ola castrexa

Cando?

Dispoñible para itinerancia a partir do 1 de xuño de 2017

Explica en seis paneis, cunha detallada información escrita e gráfica, as distintas fases do traballo de restauración realizado sobre 93 fragmentos cerámicos aparecidos nas escavacións arqueolóxicas feitas neste castro por Manuel Chamoso Lamas nos anos setenta do pasado século. O paciente labor de restauración permitiu reconstruír a forma completa dunha gran ola castrexa, de uso doméstico para almacenaxe e cociña e duns 26 litros de capacidade, correspondente a un tipo cerámico utilizado no Noroeste durante varios séculos (polo menos entre o s. IV a.C. e o III d.C.).

O recipiente exponse, pois, por primeira vez nesta mostra e, ademais do seu interese arqueolóxico e da súa utilidade para coñecer os antigos procesos técnicos de fabricación, permite valorar o traballo que se realiza sobre un patrimonio ás veces moi fragmentario pero que ofrece sempre importantes informacións históricas engadidas ao seu valor propiamente cultural.

Esta peza restaurada forma parte, actualmente, da exposición permanente do Museo Arqueológico Nacional (MAN).

Situación

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional