A moeda romana como documento. A colección numismática do Museo do Castro de Viladonga

Cando?
Con abundante información escrita e gráfica explícase, en seis paneis, a orixe da moeda, o seu proceso de fabricación e as distintas partes que a compoñen. Resúmense, ademais, os diferentes tipos de moedas e as etapas históricas representadas na colección numismática do Museo do Castro de Viladonga, desde o século I a.C. ata fins do IV d.C., abundando sobre todo as cuñaxes da época máis tardía do Imperio romano.
A exposición complétase cun gran panel ilustrativo do encadre cronolóxico da devandita colección de moedas deste castro.