Aves da contorna de Viladonga

Cando?
Dispoñible para itinerancia a partir do 1 de xuño de 2017
En seis paneis enrolados expóñense os diferentes hábitats de aves nos arredores do Castro de Viladonga: os bosques e arboredos, a campiña, as casas e granxas e os campos abertos e outros hábitats.
Producida polo Museo do Castro de Viladonga, a investigación e os textos son de Augusto de Castro Lorenzo, Xosé Otero Meijón e Óscar Rivas López, da Escola Politécnica Superior da USC, Campus de Lugo.