A conservación e restauración do Castro de Viladonga

Cando?
Dispoñible para itinerancia a partir do 1 de xuño de 2017
Expóñense, en seis paneis enrolables, os factores de alteración que interveñen na deterioración das estruturas construídas do Castro de Viladonga e os procesos de conservación e restauración levados a cabo para contrarrestalos.