Anel de ouro

Anel de ouro

Co aro cicelado formando un nervio lonxitudinal flanqueado por pequenos glóbulos; o chatón ou xema é liso e ten un furadiño no centro. Nun dos conxuntos ou barrios máis singulares do centro da croa do castro apareceu esta preciosa xoia de ouro, de tipo e cronoloxía  romana tardía, adornada cunha xema de calcedonia ou cuarzo prasio.
Os aneis son relativamente habituais en contextos arqueolóxicos romanos, pero son de máis rara aparición nos asentamentos castrexos. Porén, dada a ocupación principal deste castro, galaico-romana tardía, este sitio proporcionou varios achados deste tipo, feitos de bronce, ferro, acibeche e ouro, como é o caso deste exemplar, de gran beleza e perfección pola fina talla do seu aro e pola bela sinxeleza da xema de pedra preciosa que leva engastada.

Material 
Ouro e ágata
Contexto cultural 
Romano
Dimensións (cm) 
2 (Ø máx.). 10,8 gr. 

Situación

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional