Participantes en Xuvenciencia 2017 no Museo do Castro de Viladonga

Participantes en Xuvenciencia 2017 no Museo do Castro de Viladonga
21 de Xullo de 2017

O 7 de xullo, 20 alumnos participantes no V Campus científico-técnico de verán 2017, Campus Terra da USC, Campus de Lugo, visitaron o castro e o museo de Viladonga. Durante a visita participaron en varios obradoiros nos que aprenderon a documentar e catalogar, a través da aplicación DOMUS (sistema integrado de documentación e xestión museográfica), algunhas pezas arqueolóxicas baixo a supervisión do persoal do museo; tamén aprenderon os rudimentos da cocción tradicional da cerámica, coa colaboración dos artesáns da empresa Barroenvivo e achegáronse ao traballo de campo arqueolóxico no castro.

Os participantes neste campus de verán, de idades comprendidas entre os 15 e os 18 anos, estudantes da E.S.O e Bacharelato procedentes de distintas localidades tanto de Galicia, como de España, Portugal e Brasil, viñeron acompañados das profesoras Elena Freire Paz, do Departamento de Filosofía e Antropoloxía e Ana Cabado Iglesia, do departamento de Historia, ambos da USC. Campus de Lugo.

Os asistentes a este campus teñen intención de cursar estudos universitarios en materias tan variadas como Ciencias da Saúde, Matemáticas, Física, Bioloxía, Económicas, Dereito ou Arqueoloxía.

Xuvenciencia 2017
Obradoiro de documentación arqueolóxica. Xuvenciencia 2017
Obradoiro de cocción cerámica. Xuvenciencia 2017

Situación

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional