Torques ou colar ríxido aberto

Torques ou colar ríxido aberto

Con remates en forma de periña ou landra, cun furado para encaixalos nos extremos da variña. Ésta é de sección circular, lisa no seu terzo central, con dúas cabezas de cravo compostas de fíos enrolados arredor dun botón e decorada nos outros dous terzos laterais cun groso arame tamén arrolado á variña. Nun dos extremos apréciase a alma interior da variña. Esta xoia castrexa, de adorno masculino, é un dos dous torques completos aparecidos no castro de Viladonga, ambos os dous do mesmo tipo, de arame enrolado e remates piriformes, o que os encadra no tipo chamado “ártabro”. O seu achado nun castro “romanizado” explícase en boa medida pola gran perduración das xoias áureas (neste caso con aliaxe de prata e cobre na súa ánima interior), como símbolo de poder, riqueza e posición social dentro da comunidade castrexa e galaico-romana.

Material 
Ouro, prata e cobre
Contexto cultural 
Castrexo
Dimensións (cm) 
13,3 (Ø abertura máxima). 130 gr.

Situación

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional