Puñal de antenas

Feito, probablemente, en molde co método da cera perdida. Presenta uns remates en forma de botóns cilíndricos e ten unhas escotaduras ou entrantes ó comezo da folla, que é completamente lisa e de sección lenticular.

O seu pequeno tamaño non parece facelo moi adecuado para ser considerado como unha arma efectiva de carácter ofensivo, pero a súa forma é a dun típico puñal ou espada curta de bronce, denominados “de antenas” polos remates superiores da empuñadura. Esta peza, en moi bo estado de conservación, responde a tipos característicos da Idade do Ferro do NO peninsular, se ben o seu contexto de aparición neste castro de ocupación galaico-romana convértea en algo singular polo que é plausible atribuírlle un uso votivo ou simbólico ou mesmo un carácter máis prosaico ou doméstico, e mesmo puidera servir a modo dun xoguete. 

Material 
Bronce
Contexto cultural 
Castrexo e galaico-romano
Dimensións (cm) 
15,4 x 5,1

Situación

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional