Cunca de cerámica romana de Terra Sigillata Hispánica Tardía

Feita a molde e con decoración a base de grandes semicírculos, con liñas de ángulos que conteñen outros semicírculos semi-secantes e outros círculos con núcleo central e con liñas de ángulos no seu  interior. Pasta de tipo M-37 e de cor "terra siena tostada", con verniz ou engobe “vermello inglés claro”.

Esta gran cunca, correspondente á forma Dragendorff 37t da vaixela romana de cerámica sigillata tardía (séculos III ó V ) feita en Hispania, leva unha decoración típica destes exemplares baseada en grandes semicírculos combinados e con liñas de ángulos moi característicos desta vaixela. A súa presenza no castro de Viladonga é proba da súa habitación en época tardorromana ou baixoimperial e máis aínda porque esta vasilla apareceu precisamente nunha construción doméstica de planta circular, de clara tradición castrexa, na que os seus ocupantes tiñan un certo nivel de romanización ou aculturación material, probablemente a través da cidade de Lucus Augusti onde tamén son moi frecuentes os achados deste tipo de cerámica. 

Material 
Cerámica
Contexto cultural 
Romano
Dimensións (cm) 
11,1 x 22,2

Situación

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional