Bocado de freo ou pasarrendas de cabalo

Completo, feito a molde polo sistema da cera perdida. Represéntanse dous felinos (panteras) afrontados e coas cabezas voltas cara atrás; vai decorado con incisións feitas cun buril, máis marcadas nas cabezas e máis leves, a base de círculos, nos corpos dos animais.

Esta peza ten un paralelo igual, pero ó que lle falta a cabeza dun dos felinos, neste xacemento e ambos os dous documentan a presenza de, polo menos, un exemplar de cabalo como elemento de carga e transporte pero igualmente, sen dúbida, como signo de poder e de prestixio; na mesma zona achouse tamén un óso metatarso de équido. Estes achados producíronse ademais nunha das construcións máis singulares, situada no centro e na parte máis preeminente da croa do castro. Os dous pasarrendas, feitos en bronce fundido a molde pero completados cunha posterior decoración incisa a buril, representan un motivo que parece facer referencia á mitoloxía relacionada co deus Apolo e proceden da parte oriental do Mediterráneo. Aparecen tamén noutras pezas similares do leste e sur de Hispania que corresponden así mesmo á etapa final do Imperio Romano (séculos IV e V). 

Material 
Bronce 
Contexto cultural 
Romano
Dimensións (cm) 
8,7 x 8,6 x 0,8

Situación

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional