Arracada ou pendente

Arracada ou pendente

Con cadeíña de suspensión por riba de orella. O corpo principal está composto de vinte laminiñas planas apegadas formando unha figura de crecente lunar, mentres a cadeíña se compón de varios fíos trenzados e cun pequeno tubo cilíndrico nun extremo, decorado con ondas en dúas bandas; ten unha argoliña ovalada. Esta xoia corresponde a un tipo bastante común entre os pendentes castrexos, en forma de ril ou de crecente lunar, que adoitan estar compostas de varias (vinte nesta peza) láminas de ouro moi finas e apegadas. Neste caso apareceu tamén a súa cadea, así mesmo de ouro de finos fíos entrelazados, para colocala por riba da orella. Ó igual que os torques, esta xoia -de uso feminino- se ben é de tipo e cronoloxía castrexa (en torno ós s. III - I a.C), ten una gran supervivencia no tempo polo seu valor intrínseco e pola súa significación simbólica de poderío e riqueza dentro da comunidade galaico-romana que habitou este castro ata o s. V d.C.

Material 
Ouro
Contexto cultural 
Castrexa
Dimensións (cm) 
3,5 x 3. 23,8 gr.

Situación

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional