Xuvenciencia 2019 - 5 de xullo

O Museo do castro de Viladonga colabora un ano mais co Campus Terra da USC nunha das actividades programadas para o campamento científico Xuvenciencia. O obxectivo desta actividade é achegar o traballo arqueolóxico aos participantes e comprender a importancia da arqueoloxía como ciencia fundamental para o estudo e valoración do patrimonio cultural e, polo tanto, da nosa historia. Coñecer os rudimentos da actividade arqueolóxica, o proceso de cuñaxe e a fabricación de obxectos de arxila.



