TRABALLOS DE REHABILITACIÓN E CONSERVACIÓN NOS TEITOS DAS PALLOZAS

Castro de Viladonga
17 de Febreiro de 2020

Despois de varios meses de traballos de rehabilitación e conservación nos teitos, as pallozas do Conxunto Etnográfico do Cebreiro presentan algúns aspectos diferentes.

Na palloza museo colocouse un esteo na estravariza que permitiu modificar a inclinación do teito, dándolle máis pendente para evitar os afundimentos e o empozamentos que se producían.

A exposición instalada no interior completouse cun panel onde se explican as diferentes técnicas de teitado.

A palloza de Galán teitouse co procedemento máis habitual no Cebreiro que é o teitado a veo; os veos son correas de ramas de uz ou xesta que suxeitan os mollos de colmo e protexen o teito dos ventos.

 

 

Castro de Viladonga

Situación

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional