PROXECTO DE INTERVENCIÓN NO CASTRO DE VILADONGA. CAMPAÑA 2018

Castro de Viladonga
22 de Maio de 2018

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, coa aportación de fondos Feder, aprobou unha dotación de 200.000 € destinada á posta en valor do sector Nordeste do Castro de Viladonga. Esta intervención consistirá na escavación e consolidación das estruturas desta área, na mellora dos accesos no interior da croa do castro e no acondicionamento do vieiro que percorre a parte superior da muralla principal. Estas actuacións van permitir a realización de novas investigacións e van facilitar e mellorar a accesibilidade e a seguridade da visita.

 

Para dar a coñecer estas intervencións e con motivo da celebración do Ano Europeo do Patrimonio Cultural, este mes dedicado ó patrimonio arqueolóxico, visitou o castro e o museo o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, acompañado por outros representantes da Consellería, polo delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro e polo alcalde do Concello de Castro de Rei, Francisco Balado.

Castro de Viladonga

Situación

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional