PRESENTACIÓN DO NÚMERO 30 DA REVISTA CROA

O Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, presentou o día 10 de decembro no Museo do Castro de Viladonga o número 30 da revista CROA
Trátase dunha publicación anual de difusión cultural e expresión científica do museo que contribúe a divulgar as investigacións no castro de Viladonga, os bens culturais que nel aparecen e o patrimonio cultural.
Posteriormente realizouse una visita ao castro para coñecer as últimas investigacións correspondentes á campaña 2020.
