Obradoiro experimental de cerámica castrexa

O sábado 23 e o domingo 24 levouse a cabo no Museo do Castro de Viladonga (Castro de Rei-Lugo) un obradoiro experimental de cerámica castrexa a cargo da restauradora Sandra Obarrio, da fundación Terra Termarum Castrolandín, de Cuntis (Pontevedra). Os participantes elaboraron pezas de diferentes formas e tamaños seguindo o método tradicional de elaboración a base de churros ou rolos de barro e posteriormente decoráronas con motivos representativos da cerámica aparecida no castro de Viladonga e noutros castros galegos.



