O VENRES 26 DE DECEMBRO AS 11:00h. INAUGURAMOS A EXPOSICIÓN “25 ANOS DA DECLARACIÓN DA MURALLA DE LUGO COMO PATRIMONIO DA HUMANIDADE"

23
de
Decembro
de
2025
Este venres 26 de decembro ás 11:00h. inauguramos no Museo do Castro de Viladonga a exposición “25 anos da declaración da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade”, unha mostra que celebra este importante aniversario a través dunha colaboración entre o Museo do Castro de Viladonga e o Museo Universitario A Domus do Mitreo. Agardámoste para compartir connosco esta homenaxe a un dos grandes símbolos do patrimonio de Lugo.



