O MUSEO DO CASTRO DE VILADONGA ACOLLE A EXPOSICIÓN "A SIDERURXIA NO CASTRO DE VILADONGA, UNHA ACHEGA DENDE A ANTIGÜIDADE"

Castro de Viladonga
17 de Marzo de 2026
A mostra está composta por diferentes paneis informativos, materiais relacionados co proceso produtivo e un diorama dun forno de tipo "galo-romano".
Complementa a exposición temporal o vídeo titulado “Da pedra ao ferro”, documental sobre a xornada experimental de redución de ferro realizada os días 6 e 7 de decembro de 2024 no Museo do Castro de Viladonga.
O video está dispoñible no seguinte enlace: https://youtu.be/ETZDpLGj7eM
A mostra foi presentada na Delegación Territorial da Xunta en Lugo nun acto no que participaron o delegado territorial, Javier Arias; a directora do Museo, Elena Varela; o comisario da exposición, Diego Torres, e o alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado.

Situación

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional