Novas investigacións e consolidacións no Castro de Viladonga

05
de
Marzo
de
2018
Un ano máis a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia aposta pola investigación, consolidación, conservación e posta en valor do Castro de Viladonga cun investimento de 220.000 € (en colaboración con fondos Feder), que vai redundar nun mellor coñecemento da cultura galaico-romana e nunha mellor comunicación e difusión do patrimonio arqueolóxico de Galicia.



