NOVA CAMPAÑA ARQUEOLÓXICA

Castro de Viladonga
19 de Novembro de 2019

Onte comezou unha nova campaña arqueolóxica no Castro de Viladonga (Castro de Rei, Lugo), promovida
pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e cofinanciada pola Unión Europea no marco do
programa FEDER Galicia 2014-2020

A intervención arqueolóxica, dirixida pola arqueóloga Yolanda Álvarez González e que conta como responsable da fase
de consolidación e restauración co arqueólogo-restaurador Miguel Ángel López Marcos, ten por obxecto a realización de
traballos de investigación, documentación, escavación, consolidación e acondicionamento dunha serie de espazos e
estruturas arqueolóxicas localizadas no sector nordés da croa do Castro de Viladonga que suman unha superficie de
actuación duns 830 m2

En parte deste sector actuouse na campaña arqueolóxica do ano 2018 que 
permitiu descubrir un monumental alxibe que abastecía de auga ao poboado castrexo, ademais doutras estruturas
arqueolóxicas nas que agora se necesita intervir definitivamente e ampliar a súa área de actuación coa finalidade de
favorecer a súa investigación, garantir a súa conservación e protección e conseguir a súa posta en valor e mellor
comprensión e visibilidade por parte do público que visita o xacemento. Xunto a esta actuación principal tamén se levará
a cabo a escavación e restauración dun tramo de 50 m do lenzo interior da muralla que defende a croa do castro.

Situación

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional