Maria Martín-Sejo, investigadora do GEPN, estuda pezas de madeira carbonizada procedentes do castro de Castromaior.

Maria Martín-Sejo, investigadora do GEPN, que forma parte do Grupo de Investigación en Antracoloxía (Antracopyr Group) con sede en Cataluña, estivo estudando pezas de madeira carbonizada procedentes do castro de Castromaior (Portomarín) depositadas no almacén externo dependente do Museo do Castro de Viladonga Os seus traballos céntranse no estudo da xestión do bosque a partir da realización de análise xilo-antracolóxicos e dendrolóxicos, durante o I milenio ANE ata o século VI no NW Ibérico.





