INSCRICIÓN NO V OBRADOIRO EXPERIMENTAL DE CESTERÍA.

19
de
Outubro
de
2023
A partir de hoxe queda aberto o prazo de inscrición no obradoiro de cestería con colmo e silva que se celebrará os días 11 e 12 de novembro.
O taller será impartido pola cesteira Lola Tourón Río.
Para inscribirse deberán chamar ao teléfono que consta no cartel.
Hai 15 prazas e accederase ao obradoiro por rigoroso orden de chamada. En caso de ter moita demanda terán prioridade aquelas persoas que nunca teñan feito ningún taller de cestería neste museo e de seguir tendo máis de 15 persoas terán preferencia aquelas que durante este ano 2023 non teñan feito ningún taller con nós.