I encontro internacional de cestería no camiño

06
de
Xullo
de
2022
Este sábado día 2 de xullo déronse cita no Cebreiro 13 cesteiros e cesteiras. O obxectivo que o museo perseguía era amosar á sociedade os deseños, técnicas, materiais e as investigacións que se están a desenvolver desde a artesanía.
No acto acompañáronnos tamén as regueifas de Kike Estévez e Lupe Blanco.
Como remate abriron un tempo de debate Xosé Carlos Sierra, Mercedes Veites Pérez e María Martín Seijo.
Desde o Museo queremos agradecer a todas as persoas que fixeron posible este encontro.