Hoxe sentimos despedir a Xosé Manuel Carballo, membro de honra da Asociación de Amigos do Castro de Viladonga

Castro de Viladonga
30 de Outubro de 2017

Recibimos a triste noticia do pasamento de José Manuel Carballo, de quen sabiamos que tiña unha “feble saúde de ferro” sostida nos últimos tempos polo seu espírito incansable e bulideiro. Foi moitas cousas na vida ademais de cura rural, da que máis se gababa, e aprendeu dúas veces a andar e a falar.

Presidente da Asociación de Amigos do Castro de Viladonga desde 2005 ata 2015 e, dende entón, presidente de honra, quedarán sempre no noso recordo as súas moita colaboracións co museo e os esconxuros que acompañaban a queimada coa que rematabamos a celebración da Noite dos Museos.

Sirvan estas breves e urxentes liñas como lembranza do noso inesquecible Tolo do Castro.

 

Sit tibi terra levis

Situación

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional