Gravación dun videoclip no Castro de Viladonga. Martes, 30 de maio.

03
de
Xuño
de
2019
Obxectivos: Educar en valores como o esforzo, a igualdade, a diversidade, a comunicación, a colaboración.
Sobre o proxecto:O obxectivo principal do proxecto é a gravación dun videoclip no interior do recinto arqueolóxico do Castro de
Viladonga coa participación duns 150 alumnos e alumnas e a colaboración de diferentes institucións.
O proxecto parte do departamento de música do instituto da Terra Chá e crece ata convertirse
nunha colaboración entre diferentes institucións: Xunta de Galicia (3 institutos), Deputación de Lugo (servicios audiovisuais), Concello de Castro
de Rei, TVG, museo Castro de Viladonga.
Uns 150 alumnas e alumnos sentados en cadeiras formarán unha cadea dobre sobre a ladeira interior da coroa do
Castro, desenvolvendo unha coreografía con xogos rítmicos e de movemento ao ritmo do Aleluia de L.Cohen, que será interpretado por unha banda de músicos formada por alumnado e profesorado do centro. Na coreografía participará tamén alumnado invitado dos centros educativos de Baralla (CPI Luis Díaz Moreno) e Rábade (IES Rio Miño) . A gravación de vídeo correrá por conta do alumnado e profesorado dos Servicios Audiovisuais da Deputación de Lugo. As gravacións de audio dependen do arquivo sonoro da TVG en da empresa 8 estudios de Lugo. Un grupo de profesorado dos centros participantes axudará a levar a bo termo este reto loxístico.
A coreografía é unha exploración dos xogos de palmas infantís levados á súa máxima expresión.
A través das 5 estrofas e os estribillos da canción, o alumnado non só fai ritmos coas súas mans, senón
que comparten un espacio e un tempo entre todas e todos máis aló das súas diferenzas, comunícanse entre
eles, conviven, colaboran e esfórzanse para que o resultado sexa o máis preciso posible, desenvolven a súa
psicomotricidade e capacidade de escoita, vivencian un proceso de gravación dunha película de calidade
profesional enfrontándose coas dificultades propias de repetir unha e outra vez o proceso ata que as
diferentes tomas queden de xeito satisfactorio. Todo dentro do entorno máxico e privilexiado do Castro de
Viladonga, cuxo persoal colaborou connosco en todo o que necesitamos, cedéndonos as instalacións para desenvolver o evento. Alí viviremos unha xornada de traballo esixente e festa.
A xornada comezará cunha comida campestre na que colabora o Concello de Castro, para seguir cos ensaios e gravacións durante a tarde.