Gran éxito no obradoiro de creación de xoguetes

Castro de Viladonga
16 de Decembro de 2022
Durante dous días José Manuel García da Asociación “Recuncho das Argalladas” descubriulle aos escolares da contorna distintos xoguetes feitos con elementos naturais.
O alumnado dos CEIP Rosalía de Castro de Mosteiro (Pol), Ramón Falcón de Castro de Rei, Terra Chá de Román (Vilalba) e Monseivane en Vilalba atopáronse con bonecas feitas con follas de millo, cabaliños con carozos, carrizos de cana, colares de bugallo, barquiñas feitas con casca de piñeiro, potiñas de nabo, estraloques de cardo etc. Fixeron unha curuxa coa que piaron polo castro e divertíronse facendo bailar o “bailarete”

Situación

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional