DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

Castro de Viladonga
13 de Maio de 2020

#aculturasegue

#MuseumsAndChill #DIM2020 #MuseosXIgualdad

 

O 18 de maio celebramos o Día Internacional dos Museos co lema “Museos por igualdade: diversidade e inclusión”.  

Este ano a pandemia producida polo Covid 19 e o obrigado confinamento non nos permite manter as portas abertas e celebralo no museo de maneira presencial como en anos anteriores.

A celebración do DIM 2020 dixitalízase e o Museo do Castro de Viladonga conmemórao cunha visita virtual en 3D ao museo e ao castro con imaxes da organización dos espazos e dunha parte dos materiais aparecidos nas escavacións arqueolóxicas que amosan a convivencia entre diferentes culturas, pezas de fabricación local que se mesturan con materiais de importación de diferentes partes do extenso territorio que ocupaba o imperio romano. Unha colección que nos fala de diversidade e inclusión entre diferentes culturas, como reza o lema do Día Internacional dos Museos que celebramos] os materiais utilizados polos castrexos e romanos, dúas culturas que conviviron durante anos neste conxunto arqueolóxico.

Aínda que o edificio está pechado, o traballo continúa na casa onde seguimos realizando as xestións, proxectos e programacións [que demanda o día a día dunha institución museística, así como tomando todas as medidas de seguridade e hixiene para, cando poidamos abrir as portas, poidamos garantir a seguridade do persoal e dos visitantes e desfrutar de novo do noso patrimonio cultural.

Situación

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional