DÍA INTERNACIONAL DOS MONUMENTOS E SITIOS
#PatrimonioCompartido #CulturasCompartidas #ResponsabilidadeCompartida
Hoxe, 18 de abril, celébrase o Día Internacional dos Monumentos e Sitios en recordo á súa creación polo Consello Internacional de Monumentos e Sitios (ICOMOS) o 18 de abril de 1982 e á súa aprobación pola UNESCO ao ano seguinte.
A finalidade é dar a coñecer a diversidade, relevancia, vulnerabilidade e necesidade de protección do patrimonio cultural. Neste ano 2020 a temática é “Culturas Compartidas, Patrimonio Compartido e Responsabilidade Compartida”, temática que incide na necesidade de mirar ese patrimonio cultural como patrimonio colectivo e como patrimonio que todos debemos axudar a preservar e difundir.
Neste labor e aproveitando as ferramentas das novas tecnoloxías animámosvos a difundir e visitar a páxina web do Conxunto Etnográfico do Cebreiro e a páxina web dos museos de Galicia.
Desfrutade e axudade á conservación e á difusión do voso patrimonio.
https://museos.xunta.gal/gl/cebreiro