DEMOSTRACIÓN DE TORNEADO DE MADEIRA NO CEBREIRO

28
de
Setembro
de
2023
O pasado sábado Vicente Ledo Roca Aldea Artesán de A Fraga, estivo na Palloza Museo do Conxunto Etnográfico do Cebreiro traballando madeira. Nada mellor que as súas palabras para expresar a paixón polo oficio: "A madeira é un elemento vivo, que transpira, en constante diálogo coa persoa que a transforma. Nesa conversa pode haber malos entendidos, atrancos parellos a tantos outros que ocorren a diario. A solución a estes des-encontros está nas mans artesás, persoas con vocación
que coñecen os segredos do seu oficio e que tentan achegarse a alma, o cerne da madeira"