CAMPAÑA DE ESCAVACIÓN 2019-2020

Retomáronse os traballos arqueolóxicos da campaña de escavación 2019-2020 no castro de Viladonga, unha campaña que está aportando datos moi interesantes sobre a secuencia cronolóxica do asentamento, aproximando o castro aos 1000 anos de ocupación.
A información sobre dita campaña seguirase achegando no blog que a empresa Terra Arqueos, responsable das escavacións, xerou para a súa difusión.
Por outro lado, recordámosvos que tanto o museo como o castro poden visitarse no horario habitual de 10 h. a 20 h. ininterrumpidamente e todos os días da semana.
https://castroviladonga19.blogspot.com/
#aculturasegue

