CAMPAMENTOS DE VERÁN. MUSEO DO CASTRO DE VILADONGA

Castro de Viladonga
27 de Xuño de 2024

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, ven de poñer en marcha, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade o programa Bibliotecas, Arquivos e Museos Corresponsables, para favorecer a conciliación das familias con nenas, nenos, mozos ou mozas de 6 ata 16 anos de idade desde un enfoque de igualdade entre mulleres e homes. Nestes obradoiros terán prioridade as familias monoparentais, vítimas de violencia de xénero ou outras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de desemprego de longa duración, mulleres maiores de 45 anos ou calquera outra unidade familiar con necesidades en materia de coidados de nenas e nenos. Con este fin, o Museo do Castro de Viladonga (Castro de Rei-Lugo) anuncia a posta en marcha dun campamento cultural de conciliación.

Requisitos de participación: Poderán participar neste campamento de conciliación os nenos e nenas de 6 a 12 anos

Nome da actividade: "Campamento Castrexo na Reserva da Biosfera Terras do Miño"

Persoas destinatarias: nenas e nenos de 6 a 12 anos...

-1ª QUENDA: do 15 ao 26 de xullo

-2ª QUENDA: do 29 de xullo ao 9 de agosto

-3º QUENDA: do 12 ao 23 de agosto

-4ª QUENDA: do 26 de agosto ao 6 de setembro

Lugar de realización: Museo do castro de Viladonga (Castro de Rei-Lugo)

Horario: de luns a venres de 9:00 a 14:00 h.

Contido da actividade: Obradoires e viaxes culturais

Número de prazas por quenda: 15 participantes

*Será obrigatorio cubrir o formulario de inscripción e envialo a: difusion.museo.viladonga@xunta.gal ou ben achegalo ao museo.

+34 982870160

 

Situación

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional