ASEMBLEA DA ASOCIACIÓN DE AMIGOS DO CASTRO DE VILADONGA

ASEMBLEA DA ASOCIACIÓN DE AMIGOS DO CASTRO DE VILADONGA
27 de Novembro de 2017
A Asociación de Amigos do Castro de Viladonga, que preside Felipe Arias, celebrou o pasado sábado 25 de novembro Asembleas Ordinaria e Extraordinaria, coa asistencia dun número significativo de socios. No seu comezo lembrouse con tristura e agarimo a Xosé Manuel Carballo Ferreiro, recentemente falecido, que foi tantos anos presidente e dinamizador desta Asociación, da que fora hai un ano nomeado Presidente de Honra.  
Na Asemblea Ordinaria, trala lectura e aprobación da acta da asemblea anterior, a directiva informou do estado de contas do exercicio 2016-2017 e do orzamento para 2017-2018, así como das actividades desenvoltas ó longo do ano, entre as que destaca a colaboración co Museo na celebración da Noite dos Museos e na realización e venda de reprodución de pezas do castro.
Nesta asamblea propuxéronse diversas actividades a desenvolver no vindeiro ano nas que se inclúen a visita o recentemente inaugurado Museo Diocesano-Catedralicio de Lugo e unha andaina pola denominada Vía Rexia do Norte (ramal do Camiño Primitivo a Santiago de Compostela, que entra na provincia de Lugo pola Veiga do Eo)  
Na Asemblea Extraordinaria, celebrada a continuación da anterior, reelexíuse a directiva vixente ao non presentarse ningunha outra candidatura, quedando composta polas seguintes persoas:
 
Presidente: FELIPE ARIAS VILAS
Vicepresidente: MANUEL CASTRO LOSADA
Secretario: LIDIA AURORA LÓPEZ LÓPEZ
Tesoureiro: Mª LUÍSA FERNÁNDEZ BAL
Vogal 1º: MANUEL CUBA RODRÍGUEZ
Vogal 2º: Mª CARMEN RUÍZ BALADO
Vocal nato: ELENA VARELA ARIAS (Directora do Museo do Castro de Viladonga)
 
Finalizada a asemblea celebrouse unha comida de irmandade.

Situación

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional