16 DE NOVEMBRO. DÍA DO PATRIMONIO MUNDIAL

16 DE NOVEMBRO. DÍA DO PATRIMONIO MUNDIAL
14 de Novembro de 2019

O 16 de novembro celébrase o Día do Patrimonio Mundial (UNESCO), con tal motivo o Museo do Castro de Viladonga realizará os días 16 e 17 un obradoiro de cestería tradicional de colmo, a cargo da artesá Lola Tourón. Esta actividade ten como finalidade recuperar e difundir este rico patrimonio etnográfico. A técnica de colmo, unha da máis antigas, ilustra o uso de pezas de cestería en época castrexa que non se conservan por tratarse de materiais orgánicos perecedoiros.

Tamén se expoñerá un vídeo documental: “O José Da Veiga cesteiro centenario” que consiste nunha entrevista a un veciño de Cospeito na que conta a súa experiencia coa cestería ao longo da súa dilatada vida. Un exemplo de recuperación de patrimonio inmaterial realizada por Sonia Engroba Cabana e Antón Figueira.

16 DE NOVEMBRO. DÍA DO PATRIMONIO MUNDIAL

Situación

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional