11 DE MAIO, NOITE DOS MUSEOS

Castro de Viladonga
03 de Maio de 2024
Un ano máis estades todos invitados!!!!
O evento contará, dende as 17:30, con: XOGOS POPULARES para os máis pequenos a cargo da asociación Xotramu.
Ás 18.30 poderemos bailar con A URQUESTRA DO MEDIO, un grupo de ukeleles que nace en Compostela en 2013 versionando temas de diferentes estilos musicais. Nos seus dous últimos discos, Outras Lérias (2020) e Histórias Cativas (2022) predominan xa as cancións propias, todas elas en galego. O son da banda caracterízase por unha proposta ecléctica con influencias de rock’nroll, country, swing, pop e surf, todo pasado polo filtro do son característico dos ukeleles.
A partir das 19:30 poderemos escoitar ao Grupo de Música Antiga I COLORI DELL´ARMONÍA, grupo que nace en 2010 na cidade do Porto (Portugal). A unión dos músicos xurde por ser alumnos do Curso de Música Antiga da Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo desa cidade.
A súa formación varía dependendo do repertorio, ampliándose con outros instrumentos como o violonchelo, a viola de gamba, tiorba, voz… Nesta ocasión, Mariña García Bouso e Andoni Conde Villar presentan un programa dedicado aos dúos de violín do século XVIII
- O evento pecharase con petiscos e queimada.
Agardamos que pasedes unha tarde agradable no Museo.

Situación

  • Viladonga, 27259 - Castro de Rei (Lugo)
    Galicia, España
    N 43º 09' 38.97" W 7º 23' 19.32"
  • 982 870 160
  • museo.viladonga@xunta.gal

Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional