O pasado sábado recibimos á investigadora María Martín-Seijo

23
de
Novembro
de
2022
Foi un pracer recibir onte á investigadora María Martín-Seijo quen nos fixo unha magnífica exposición dos seus últimos traballos sobre os materiais efémeros datados na Idade do Ferro aparecidos en Castromaior, Castrolandín, As Laias , Castro de Cortegada, Castro de Laxos/Alto do Castro e Castro de Ourantes.
A exposición de María concluíu coa reprodución do documental "O latexo do tempo humano. Tres pezas, tres artesáns". O documental toma como fío condutor do discurso a culler, a vasilla e o cesto recuperados no castro de Castromaior (Portomarín, Lugo) e depositados no Museo do Castro de Viladonga.
MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS por unha xornada tan agradable.